CRTVG

Buscar

Galicia en Común enxalza a súa coalición como a "garantía" de que non haberá "fugas" no electorado progresista

Publicado o 11/03/2020 15:40

Galicia en Común-Anova Mareas presentou en Santiago a candidatura de confluencia ás autonómicas.
Gómez-Reino, que estivo acompañado por Martiño Noriega e Eva Solla, dixo que a coalición vai ser imprescindible para que se active a alternativa de cambio, xa que permitirá que ningun voto progresista quede na casa.

Tamén aseguraron que a diversidade é un potencial e non un problema, e que haberá unha dirección única de campaña.

Noticias web

11/03/2020