CRTVG

Buscar

Galicia e outras tres comunidades permiten acompañar un paciente terminal

Publicado o 13/04/2020 14:20

Un dos maiores dramas que provocou o coronavirus é a morte en soidade de centos de persoas. Aos sanitarios tocoulles asumir tamen o papel de acompañar os pacientes terminais no seu transo en ausencia dos seus seres queridos. Unha situación tráxica non só para os enfermos, senón tamén para os familiares, aos que emocionalmente lles pode pasar factura máis adiante.

Para intentar minimizar esas situacións dolorosas, a Xunta sumouse a outras 3 comunidades que permiten que un familiar acompañe os enfermos terminais de coronavirus nas súas últimas horas de vida.

O familiar deberá seguir un estrito protocolo de seguridade e protexerse cun traxe especial para evitar o contaxio.

Noticias web

13/04/2020