CRTVG

Buscar

Galicia deixa de ser unhas das comunidades máis caras onde encher o depósito

Publicado o 13/12/2019 15:01

Durante anos Galicia tivo un dos combustibles máis caros de España, coa segunda posición entre as comunidades autónomas coa tarifa máis elevada en diésel e a terceira máis cara en gasolina. Os últimos datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica sitúanos na sexta posición, cos prezos do combustible por debaixo de comunidades como Baleares, Asturias, País Vasco, Cantabria e Madrid. A noticia supón un alivio para os autonomos e transportistas.

A entrada en vigor o 1 de xaneiro deste ano do imposto especial único e a harmonización do imposto autonómico dos carburantes son as causas de que Galicia perda o liderado como comunidade autónoma con prezos do combustible máis elevados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/12/2019