CRTVG

Buscar

Galicia defende en Bruxelas o Corredor Atlántico ferroviario

Publicado o 08/04/2019 15:55

Galicia defende en Bruxelas o Corredor Atlántico ferroviario.

A Xunta busca o apoio da Unión ante as reclamacións do noroeste español. Desconfía de que o Executivo central garanta que Galicia estea incluída na rede europea de transporte de mercadorías. E reclama o enlace sur de Galicia co Porto e a conexión do porto exterior da Coruña. Todo despois de que o ministerio de Fomento recoñecera que non elaborou o plan director.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "Contactarán co Ministerio de Fomento para aclarar a planificación, presentada recentemente polo Ministerio de Fomento e para advertir da necesidade de contar con proxectos completos para acceder a eses fondos europeos".

 

Noticias web

08/04/2019