CRTVG

Buscar

Galicia, Castela-A Mancha e Andalucía recorrerán a todas as vías para recuperar os cartos do IVE de 2017

Publicado o 24/01/2020 09:26

O pago do IVE de 2017 que o Estado adebeda ás comunidades provoca reaccións nos gobernos autonómicos á marxe da súa cor política.

Tanto Galicia como Castela-A Mancha ou Andalucía anunciaron que recorrerán todas as vías para reclamar o pago deses cartos.

O presidente manchego, o socialista García Page, anunciou, ao igual que Núñez Feijóo, que irá aos tribunais se non chega unha solución dialogada que evite este recurso.

Pola súa banda, o executivo andaluz de Juanma Moreno dixo que non permitirá que o Goberno central roube descaradamente os andaluces. Pide unidade a todos os partidos políticos e solicita aos socialistas estudar a vía para poder recuperar a liquidación do IVE que lles corresponde.

O presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page, di que neste caso non vai ter en conta a cor do partido politico. Reclama 130 millóns de euros. 

 

Noticias web

24/01/2020