CRTVG

Buscar

Galicia botouse á rúa para celebrar o 2019

Publicado o 01/01/2019 13:56

Ás badaladas desta mañá xa non había quen lles fixese moito caso, a pesar da atención que acapararan onte. Amenceu un 2019 frío e solleiro, e en Compostela aínda había algunha mocidade que se resistía a ir para a casa.

O listón da esmorga estivo ben alto en moitas vilas e cidades, como vigo. Así lucía a praza América ás catro da madrugada. A sensación xeral, de ledicia por un ano novo, certo, pero quen sabe se as luces de Nadal tamén colaboraron para caldear o ambiente nesta cidade.

A Coruña estivo a tope, chea de mozas e mozos moi elegantes, como corresponde e debe ser. E con colas para coller o taxi, outra das tradicións do 1 de xaneiro. En Santiago tamén cumpriron, o chocolate con churros non podía faltar. 

E queda falar doutra tradición, especialmente exercida polos máis novos: pasar o día recuperándose da troula da noite máis longa e especial do ano, a primeira deste 2019.

 

Noticias web

01/01/2019