CRTVG

Buscar

Galicia baixa das 100 camas UCI ocupadas nun día con 267 casos activos menos

Publicado o 03/03/2021 09:58

• A taxa de positividade mantense por debaixo do 2 %

• A área de Ourense rexistra unha pequena suba dos casos activos

Galicia baixa das 100 camas UCI ocupadas nun día con 267 casos activos menos

O descenso dos casos activos continúa en Galicia. Segundo o Sergas, hai 4.686 persoas con coronavirus no país, 267 menos ca onte. Sanidade detectou ata onte ás 18:00 un total de 173 novos contaxios, dos cales 156 foron confirmados por PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos é a seguinte:

A Coruña: 1.543 (-69)

Vigo: 771 (-71)

Pontevedra: 683 (-39)

Santiago: 519 (-35)

Lugo: 427 (-29)

Ferrol: 459 (-28)

Ourense: 284 (+4)

As UCI, por debaixo das 100

No tocante á presión asistencial, hai 472 persoas hospitalizadas (-16): 375 en planta (-8) e 97 nas UCI (-8). Non baixabamos das 100 persoas nas UCI  dende mediados de xaneiro.

Onte a cifra de vírimas da pandemia volveu subir, logo de que o Sergas notificase o pasamento de catro persoas por mor do coronavirus. Van 2.256 falecementos dende o inicio da pandemia en Galicia.

Suba no número de PCR, mais con pouca positividade

Aumentou o número de probas PCR realizadas: 8.531 (+4.441), das cales deron positivo 156, o cal implica unha taxa de positividade do 1,83 %.

Mapas de incidencia acumulada