CRTVG

Buscar

Galicia atrasa a apertura das discotecas ata xullo

Publicado o 08/06/2020 16:20

Galicia non vai autorizar a apertura de discotecas e locais nocturnos ata o mes que vén. Trátase da primeira medida que aproba a Xunta como autoridade competente na fase 3 que comeza hoxe. 

O Goberno galego coida que cómpre esperar a ver os efectos sanitarios do levantamento das distintas restricións antes de reabrir este tipo de locais.

A Xunta sinala que agardar ata o día 1 de xullo é o máis prudente despois de que Alberto Núñez Feijóo expresara onte as súas dúbidas sobre a coherencia de abrir os locais nocturnos mentres se manteñen pechados os do ensino. 

O presidente da Xunta reúnese esta tarde co comité clínico de expertos sanitarios do Sergas. Xa mantivo esta mañá unha primeira reunión de traballo cos conselleiros de presidencia, Sanidade, Asuntos Sociais e Cultura para preparar a xestión da fase 3 que comeza con este adiamento da apertura das discotecas.

 

 

Noticias web

08/06/2020