CRTVG

Buscar

A Xunta di que Galicia se sitúa á cabeza de España en educación inclusiva

Publicado o 09/01/2020 14:34

Case o 93 por cento dos alumnos galegos con necesidades específicas estudan en centros ordinarios. Isto é posible grazas, entre outras cousas, a que hai preto de 4.000 especialistas en atención á diversidade, entre pedadogos terapeutas, expertos en linguaxe de signos, coidadores ou orientadores.

A Xunta di que xa se están a incoporar segundos orientadores nos 20 colexios públicos con máis alumnos da comunidade. A Consellería de Educación ten acordos con entidades como Down Galicia, Once ou Unicef para favorer a inclusión destes colectivos ademais de ter en marcha protocolos para tratar rapaces con trastorno do espectro autista, con discapacidades intelectuais ou altas capacidades.

Alberto Núñez Feijóo di que seguirán traballando para manternos á cabeza das escolas inclusivas e que para iso van reforzar a formación dos profesionais, unificar criterios para os orientadores e impulsar a especialización dos centros de educación especial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2020