CRTVG

Buscar

Gales volve confinarse e toque de queda nocturno en Bélxica

Publicado o 20/10/2020 14:22

Os novos contaxios por coronavirus seguen medrando en Europa e ao mesmo tempo os países reforzar as estricións para intentar controlar a expansión do virus.

"Rematou a festa en Bruxelas", así titula o principal xornal en lingua francesa de Bélxica despois de que as autoridades decretaran o toque de queda nocturno dentro dun paquete de medidas destinadas a atallar a propagación do coronavirus.

As medidas, que inclúen o peche de bares e restaurantes, estarán vixentes durante un mes mínimo.

O Goberno de País de Gales, no Reino Unido, reaccionou coa mesma contundencia á repunta de casos diarios de covid-19, que superan xa os da primeira onda. Desde o venres 23 de outubro ao 9 de novembro todos en Gales deberan permanecer recluídos na súa casa. Quedan excluídos os traballadores considerados esenciais e os traballos que non poidan facerse desde o fogar.

O Goberno galés habilitará un fondo de 326 millóns de euros para axudar os sectores afectados.

En Italia, o Goberno rexional da Lombardía, no norte do país, imporá a partir deste xoves o toque de retirada nocturno e os alcaldes terán a posibilidade de pechar as zonas de ocio nocturno máis concorridas.

Ese mesmo día entrará en vigor o confinamento en Irlanda, que se prolongará durante seis semanas.

Noticias web

20/10/2020