CRTVG

Buscar

Galicia defende en Bruxelas as cotas pesqueiras do xurelo e da pescada

Publicado o 29/11/2019 15:24

Rosa Quintana presentaralle esta tarde catro informes ao director xeral da DGMare para demostrar a boa situación dos stocks das especies onde traballa a frota galega. Os esforzos céntranse en defender as cotas pesqueiras para dúas especies vitais en Galicia: a pescada e o xurelo.

A conselleira do Mar estima que a proposta de redución de cotas para estas especies realizada pola Comisión Europea suporía un impacto negativo duns 37 millóns de euros. Por iso queren presentar datos científicos que sinalan que lonxe de baixar case un 20% a cota da pescada, esta podería aumentar e o mesmo sucedería co xurelo, para o que recomenda Europa unha baixada do 20%. As cotas decidiranse no consello de Pesca que terá lugar o vindeiro 16 de decembro.


 

Noticias web

29/11/2019