CRTVG

Buscar

Gala de clausura do Festival de Cine de Ourense

Publicado o 03/10/2020 21:52


Celébrase a gala de clausura do Festival de Cine de Ourense, que neste 2020 cumpre 25 anos. Tras unha semana de actividade intensa con máis de noventa proxeccións hoxe daban a coñecer o palmarés deste ano.

A Calpurnia á mellor película foi para "Deux", que levou tamén o premio ao mellor intérprete. O Carlos Velo á mellor dirección foi para Jan Komasa por "Corpus Christi, e o premio especial do xurado foi para Maite Alberdi por "El agente topo". O drama dos migrantes no Mediterráneo levou unha mención especial na película "Cartas Mojadas". "La Isla de las mentiras" de Paula Cons fíxose co Premio Xacobeo á mellor produción galega do festival.
 

Noticias web

03/10/2020