CRTVG

Buscar

Froitas e verduras compensan os excesos do Nadal

Publicado o 08/01/2020 14:48

A efectos de mercado hoxe é coma se fose luns. Iso fai que de por si haxa pouca oferta e pouca demanda, pero ademais nótase o efecto 'posnadal'.

Quizáis é por iso que a maioría dos poucos clientes que hai andan pola zona das verduras.

A nave das carnes está practicamente deserta e na dos peixe as vendas tampouco son gran cousa.

As pastelerías aproveitan para tomar un descanso e os panadeiros din que non lles queda outra que baixar o ritmo.

Entrementres os mercados sobreviven grazas aos consumidores que, á hora de comer ben, seguen o seu propio calendario.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2020