CRTVG

Buscar

Fran Beltrán critica o protocolo da Liga

Publicado o 23/09/2020 16:32

• "Que non poidan entrar os suplentes ao vestiario paréceme unha parvada"

Fran Beltrán: O equipo veu convencido dunha idea, sabemos cal é o noso potencial e isto está a verse reflectido no campo"

Fran Beltrán proxecta a ilusión dun equipo que empeza de cero con pautas novas que están a funcionar: "Con este estilo de xogo imos facer presión todos na mesma dirección. Así o equipo mellora e cada un mellora".

Aínda que lle supoña facer máis quilómetros por partido: "Non vin os quilómetros que fixen. Coma sempre, corrín un pouco".

O protocolo da liga ten os vestiarios prácticamente clausurados, tamén en día de partido, algo incómodo e ata prexudicial para os futbolistas: "Ir para a casa mollado tamén pode facer que te poñas malo. Non queres coller un virus e colles outro".

Fran Beltrán é ese futbolista que o mesmo fai un cocido madrileño regulamentario que lle marca un golazo ao Atlético de Madrid. Confesa que estraña a Rafinha, que segue en Barcelona en compás de espera: "Rafinha podería axudarnos moito, dentro e fóra do campo. Xa o vimos o ano pasado".

Rafinha podería pasar por Balaídos a próxima semana, se o decide Koeman. Xa hai horario para o Celta-Barcelona: xoves ás nove e media da noite.

Noticias web

23/09/2020