CRTVG

Buscar

Francisco Conde, vicepresidente segundo da Xunta: "Analizaremos todas as vías, dende o punto de vista xurídico e administrativo"

Publicado o 29/09/2020 09:57

Ao preguntarlle no Bos días polos motivos polos que Alcoa non quixo vender a planta, Francisco Conde, vicepresidente segundo da Xunta, di que descoñecen "as razóns ocultas que ten Alcoa para este desatino. Imaxinamos que o que quere é non ter un competidor no mercado internacional e, polo tanto, incluso afectar a libre competencia". 

"Intentamos por todos os medios que Alcoa chegase a un acordo razoable, negouno todo durante o proceso, traizoou en moitas ocasións a súa propia palabra e lamentablemente estamos nunha situación de conflito". "Responderemos, hai un obxectivo claro: A Mariña e Galicia queren seguir producindo aluminio primario", indica o vicepresidente e conselleiro.

"Non imos precipitarnos, a situación é complexa, pero analizaremos todas as vías, dende o punto de vista xurídico e administrativo", afirma Conde. "Alcoa debe abandonar a planta de San Cibrao, simplemente porque non quere operala (...) e hai un operador, neste caso Liberty House, que si ten un plan industrial, que lle podemos dar resposta".

 

Noticias web

29/09/2020