CRTVG

Buscar

Francisco Conde aposta pola colaboración público-privada

Publicado o 17/11/2020 14:23

O vicepresidente económico asistiu este martes en Madrid á reunión do padroado da Fundación Cotec para a Innovación, que estivo presidida polo rei Filipe VI.

Francisco Conde sinalou a importancia de traballar todos xuntos en I+D+i para fortalecer o tecido produtivo e mellorar en competitividade. Explicou tamén como dende Galicia se está a dar un pulo á colaboración público-privada en máis dun cento de proxectos cos que optar a fondos eurpeos Next Generation.



 

Noticias web

17/11/2020