CRTVG

Buscar

Francia mobiliza 7.000 soldados tras elevar o nivel de alerta terrorista

Publicado o 30/10/2020 08:46

Francia desprega máis de 7.000 soldados e mantén activada a alerta máxima terrorista, tras o asasinato de tres persoas nunha igrexa de Niza.

O atacante, que permance nun hospital, é un cidádán tunecino chegado a través de Lampedusa o setembro pasado. Ao enfrontarse aos axentes gritou "Alá é grande". Os investigadores tamén atoparon entre as súas pertenzas un corán e outros dous coitelos, ademais do que empregou para acabar coa vida das vítimas.

A Fiscalía nacional Anticorrupción abriu unha investigación por asasinato con fins terroristas.

 

Noticias web

30/10/2020