CRTVG

Buscar

Francia envía enfermos graves a países da súa contorna

Publicado o 23/03/2020 16:50

O Goberno francés anunciou que está disposto a endurecer as multas a quen non respecte o confinamento, que pasarán desde os 135 euros ata os 1.500 en caso de reincidencia.

Francia é un dos países europeos máis castigados polo coronavirus, que deixou xa máis de 670 mortos e uns 16.000 contaxiados.

O Goberno decidiu enviar algúns enfermos graves a hospitais de Alemaña, Suíza e Luxemburgo, para tratar de non colapsar o seu sistema sanitario.

Situación ben distinta a que se podía ver en moitas cidades do Reino Unido, onde o primeiro ministro, Boris Johson, tivo que advertirlle á poboación que o aire fresco non ofrece inmunidade ningunha.

Johnson apelou de novo á responsabilidade da xente para evitar, dixo, chegar a un tráxico escenario como o de Italia.

Caso á parte é o de Alemaña, que con case 24.000 contaxiados rexistra pouco máis de noventa mortos por coronavirus.

Pero a chanceler Angela Merkel, en corentena logo de estar en contacto cun médico contaxiado, e diante do rápido avance da enfermidade, tratará cos presidentes dos lands a posibilidade de decretar o confinamento de todo o país.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/03/2020