CRTVG

Buscar

Francia e Polonia extreman as precaucións nas primeiras eleccións tralo confinamento

Publicado o 28/06/2020 15:09

En medio de estrictas medidas de seguridade e con uso obrigatorio de máscara, 16 millóns de franceses están chamados a votar na segunda volta das eleccións municipais en 5.000 localidades, entre elas París e Marsella. A participación a mediodía apenas superou o 15 por cento, tres puntos por debaixo da primeira volta do 15 de marzo, que non fora suspendida malia que a Covid 19 xa provocara numerosos contaxios. De feito, o confinamento en Francia decretouse dous días despois. Hoxe, cita tamén coas urnas en Polonia. Case 30 millóns de persoas poden votar na primeira volta das eleccións presidenciais.

 

Noticias web

28/06/2020