CRTVG

Buscar

Francia duplica o número de contaxiados nun día

Publicado o 13/08/2020 14:19

Con máis de 2.500 casos novos, Francia duplica os contaxiados en 24 horas. Descubrionse 25 novos gromos que se suman aos 127 detectados. As alarmas saltaron no país veciño. Polo de agora o Goberno non obriga a usar as máscaras, a decisión queda en mans de prefectos e gobernadores. Tamén en Alemaña aumentan os casos que se elevaron 1.500 no último día. No Reino Unido superan o millar diario.

Mais o epicentro da pandemia segue localizado en América con máis de 400.000 infectados. En países como Colombia situacións de marxinación social castigan a poboación máis vulnerable. O Brasil lida cunhas cifras moi negativas: 1.500 mortes e 55.000 infectados nun día, e tamen lida co optimismo do seu presidente.

En Nova Zelandia aumentan os casos e o Goberno avisa de que poden ir a máis, mentres na China diminúen. Contabilízanse 19, seis contaxiados menos que o día anterior. As autoridades sanitarias chinesas detectaron trazas de coronavirus en carne de polo procedente do Brasil.

Noticias web

13/08/2020