CRTVG

Buscar

Francia alcanza a maior cifra de mortes nun día

Publicado o 07/04/2020 09:06

Francia alcanzou este luns a súa maior cifra de falecementos por coronavirus nun día. Morreron 833 persoas con COVID-19 en 24 horas, e elévase a preto de 9.000 o total de falecementos, segundo informou o ministro de sanidade.

En Francia hai hospitalazadas en unidades de coidados intensivos máis de 7.000 persoas. O responsable de sanidade afirmou que as cifras demostran que o camiño é longo antes de poderen dar por superada a crise sanitaria.

Noticias web

07/04/2020