CRTVG

Buscar

Fran Beltrán: "Volvemos con outra mentalidade das vacacións e o Celta estivo mellor a pesar do empate"

Publicado o 07/01/2020 20:52

O partido contra o Osasuna deixou sensacións diversas nos xogadores do Celta. O discurso duro e moi crítico de Rubén, contrasta co de Fran Beltrán, que tamén falou en quente. 

Fran Beltrán: "Tampouco hai que facer un balanzo moi negativo".

O mediocentro viu un Celta mellor que o de antes da vacacións. Fran Beltrán: "Volvemos coa mentalidade de que así non iamos a ningunha parte e viuse outro equipo".

Nin sequera o feito de saír do descenso dá moita tranquilidade: "Mentalmente vén ben". Serán dúas semanas co pé fóra do abismo. O Celta retoma a Liga o domingo 19 en San Mamés e comeza a segunda volta.

Noticias web

07/01/2020