CRTVG

Buscar

Foxen tras bater contra outro coche nun accidente con tres mortos e unha menor ferida grave

Publicado o 24/08/2020 14:30

Tráxico accidente esta madrugada en Madrid. O sinistro, con dous vehículos implicados, deixa tres persoas mortas, unha delas menor de idade. A Garda Civil busca os ocupantes dun dos turismos que fuxiron do lugar do accidente. 

O sinistro tivo lugar na antiga estrada de Estremadura no termo municipal de Móstoles. Unha chamada alertaba ao teléfono de Urxencias 112 da Comunidade de Madrid pouco antes das dúas da madrugada. De inmediato se desprazaron ao lugar Policía local, Bombeiros, Garda Civil e os servizos sanitarios. 

Segundo os primeiros datos, o condutor dun dos vehículos puido perder o control e foi bater contra unha árbore provocando a morte de tres dos seus ocupantes: un home de 30 anos, unha muller e unha menor de idade. A cuarta ocupante é unha nena de 12 anos que foi trasladada ao hospital con fracturas de prognostico grave.

A Garda Civil investiga agora as causas do accidente e trata de dar co paradoiro das dúas persoas fuxidas.


 

Noticias web

24/08/2020