CRTVG

Buscar

Fomento licita as obras do enlace orbital de Santiago entre a AP-9 e a A-54

Publicado o 03/01/2020 13:13

O Ministerio de Fomento licita as obras do enlace Orbital de Santiago. Esta actuación permitirá realizar todos os movementos posibles entre a autoestrada AP-9 e a autovía A-54 no enlace de San Marcos.

Tamén se mellorarán as conexións co aeroporto da Lavacolla e cos polígonos do Tambre e Costa Vella. Para levar a cabo as obras, disponse dun orzamento de 25,13 millóns de euros. A construción deste novo enlace permitirá desconxestionar a AP-9 en horas punta, onde conflúen o tráfico que se dirixe ao centro da cidade co xerado polos polígonos industriais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2020