CRTVG

Buscar

Fomento descarta rebaixas na AP-9 porque tería que indemnizar a Audasa

Publicado o 05/03/2019 09:51

Audasa non vai rebaixar as peaxes da AP-9. Segundo o Ministerio de Fomento, o Goberno tería que indemnizar a concesionaria se a obriga a baixar as tarifas. 

As tarifas van quedar como están dende comezos de ano. Despois das últimas subas en que Audasa repercutiu o custo de varias obras de mellora e ampliación, a AP-9 é unha das autoestradas máis caras de España. Por exemplo, o traxecto completo entre Ferrol e Tui custa máis de 20 euros. Unhas tarifas que provocaron nos últimos meses un clamor social e tamén que boa parte do tráfico, sobre todo os camións, se desvíe por estradas convencionais.

Tras unha pregunta ao respecto dunha deputada de En Marea, o ministro de Fomento explicou que as tarifas de Audasa están blindadas por contrato e que, se obrigan a concesionaria a rebaixar as peaxes, terían que indemnizala polo importe que estime que deixa de percibir.

A Xunta tamén lle solicitou ao Goberno central a cesión da xestión da AP-9 para poder regular as tarifas, unha solicitude que quedou sen tramitar pola disolución do Parlamento.

Noticias web

05/03/2019