CRTVG

Buscar

Foi o mellor mes de novembro desde 2007 para o sector hoteleiro galego

Publicado o 20/12/2019 20:03
Foi o mellor mes de novembro desde 2007 para o sector hoteleiro galego

Os viaxeiros aumentaron un 2% e o persoal empregado incrementouse nun 7%. Foi o mellor mes de novembro desde 2007 para o sector hoteleiro. En total rexistráronse 505.400 pernoitas, cinco mil máis que o mesmo mes do ano pasado. Chegaron máis viaxeiros pero redúcese a estancia media. Cada turista durmiu en Galicia dous días, algo menos ca a media española.

O Instituto Nacional de Estatística ofrece outro dato interesante referido a novembro: había abertos en todo Galicia 20 hoteis menos que en 2018. Tiñan, porén, 429 empregados máis. Ese 7% do que falabamos ao inicio.

Noticias web

20/12/2019