CRTVG

Buscar

Floristas galegos aprenden en Redondela novas técnicas de decoración

Publicado o 12/03/2019 18:30

O profesor é o florista ruso Vadim Kazaskiy. Os alumnos, 20 floristas profesionais que aprenden novas técnicas en decoración floral nun curso no pazo Torres Agrelo de Redondela. As posibilidades para decorar espazos son ilimitadas como ilimitadas son as flores que se poden utilizar e tamén os materiais. 

Vadim Kazaskiy, florista ruso: "Agora traballamos en decoración de espazo, diferentes eventos como vodas". 

María Jesús Miranda, profesora de Florística: "Pódese aplicar en calquera aspecto dos que tocamos no día a día, ensina a técnica. Ao estar no pazo dedicámonos máis a eventos, pero a técnica pódese aplicar ata a un pequeno bouquet".

Flores, ramas, cortiza, papel, arame e ata cinta de carroceiro..., técnica e creatividade para converter cada un dos deseños nunha obra de arte.

Este curso pretende tamén profesionalizar un traballo ás veces pouco recoñecido.





 

Noticias web

12/03/2019