CRTVG

Buscar

Finsa presentou un ERTE nas súas catro plantas en Galicia

Publicado o 24/03/2020 15:16

O grupo madeireiro Finsa presentou un ERTE nas súas catro plantas en Galicia. Son 1.609 os empregados afectados, o que constitúe arredor do 80 por centro do seu cadro laboral.

Finsa comunica que o ERTE terá duración ata o vindeiro 30 de abril. Afectará as catro plantas da empresa: a principal, en Santiago, e as de Rábade, Padrón e San Cibrao das Viñas. A maioría dos afectados son operarios das fábricas e máis de 300 restantes acceden ao teletraballo.

 

Noticias web

24/03/2020