CRTVG

Buscar

Fin de semana de contrastes para darlle a benvida ao mes de maio

Publicado o 01/05/2020 14:49

O ambiente gris e chuvioso marcou o panorama atmosférico en boa parte de Galicia nas últimas horas. Imaxes desta mañá en diversos puntos do país sérvennos para adiantar o que será unha fin de semana de contrastes e con moitas novidades, empezando polo mes.

"Maio empeza con tempo bastante cambiante. Hoxe dominarán as nubes e tamén os chuvascos. O sábado teremos máis nubes pola costa, mesmo algunha pingueira, e no resto do país abriranse grandes claros e o domingo teremos sol en toda Galicia, e sobre todo calor. Van ascender, e moito, as temperaturas. E non só as diúrnas, tamén as nocturnas".

Esa calor sentirase e estenderase no paso do domingo ao luns, xa que as previsións indican que en Vigo, por exemplo, a temperatura non baixará dos vinte e un graos esa noite. E, aínda que choque moito con estas imaxes e o ambiente deste venres, o prognóstico sinala que en Ourense pasadomañá a máxima chegará aos trinta graos.
 

Noticias web

01/05/2020