CRTVG

Buscar

Fin das restricións de movemento para as áreas da Coruña e Pontevedra

Publicado o 08/03/2021 15:28

• A hostalaría pode servir no interior cun 30 % de ocupación

• O 95 % dos galegos poden moverse por case toda a comunidade

Galicia acaba de entrar nunha nova fase de desescalada. Esta medianoite entraron en vigor os cambios fixados polo subcomité clínico. O 95 % dos galegos pode moverse pola práctica totalidade do territorio.

Levantouse o peche que había sobre as áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra. A hostalería pode atender ao 30 % no interior dos locais, e reabren os ximnasios e outras instalacións deportivas. Permítense as xuntanzas de ata catro persoas non conviventes.

Nivel máximo

Tan só catro concellos se manteñen illados, con peche perimetral, sen hostalería, só para recollida ou servizo a domicilio e coas reunións limitadas a conviventes. Son Soutomaior, Boborás, A Mezquita e a Pobra do Brollón. As persoas só poderán saír destes concellos por causas xustificadas.

Nivel alto

Hai 13 concellos neste nivel: Miño, Ponteceso, Sobrado, Arteixo, Ponte Caldelas, Cambados, Vilanova de Arousa, Guitiriz, Lourenzá, Paradela, Mos, Cariño e Mugardos. Permítese a mobilidade entre eles, pero no se pode ir nin aos catro concellos con peche perimetral nin aos do resto de Galicia, que están co nivel medio.

 

 

Noticias web

08/03/2021