CRTVG

Buscar

Filipe VI avoga pola colaboración institucional para superar a incerteza provocada pola pandemia

Publicado o 19/01/2021 21:04

O rei, Filipe VI, afirma que ante a pandemia e os profundos cambios xeopolíticos que vive o mundo son precisas a colaboración e o diálogo para superar o medo e a incerteza. Díxoo durante a clausura en Madrid da Conferencia de Embaixadores españois.

O rei mostrouse convencido de que España está chamada a ser relevante para propiciar eses consencos e lembroulles aos diplomáticos que os retos do presente e do futuro esixen unha atención reforzada á realidade global.

"Non podemos estar ausentes do mundo, lonxe quedan os tempos en que a política, a economía, ou mesmo as medidas sanitarias ou medioambientais abordábanse desde unha perspectiva xeográfica limitada, considerando o que afectaba os ámbitos exterior e interior de xeito diferenciado".

Noticias web

19/01/2021