CRTVG

Buscar

Festival goleador do Parrulo cun Adri sublime (8-6)

Publicado o 25/01/2020 22:54

O Parrulo impúxose por 8-6 a Sala Zaragoza nun partido que fixo as delicias dos moitos afeccionados que se achegaron o Pavillón da Malata. O gran acerto goleador dos dous conxuntos combinouse co recital de fútbol sala que deu, unha vez máis, o ala ferrolán Adri que demostrou a razón da súa convocatoria coa selección española dirixindo con mestría o seu equipo e cunha participación activa en case todos os goles do seu equipo. A peor nova do partido foi a expulsión de Rahali o día da súa reaparición.

Goles: 0-1 Retamar 4, 1-1 Rahali 9, 2-1 Adri 11, 2-2 Nano Modrego 18, 3-2 Saura 21, 4-2 Saura 22, 5-2 Saura 25, 5-3 Hugo 27, 6-3 Adri 28, 6-4 Esteban 30, 7-4 Rumbo 31, 7-5 Javi Alonso 32, 8-5 Adri 35, 8-6 Esteban 37

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2020