CRTVG

Buscar

Festa sorpresa para unha viguesa que fai 100 anos

Publicado o 06/04/2020 20:59

Cada día, Rosa Godoy súmase puntual ao aplauso das oito para os sanitarios. Este tamén foi para ela.

Porque esta viguesa fai 100 anos. Din os seus veciños que Rosa sempre se lembra de felicitalos a todos, así que que menos que celebrar o seu centenario. Como? Pois botando a casa pola ventá.

Rosa é unha lectora empedernida, pero como as librarías están pechadas tivo outros agasallos máis accesibles en tempos de confinamento e algo aínda moito máis valioso en calquera situación: todo este cariño.

Noticias web

06/04/2020