CRTVG

Buscar

Ferraz decide hoxe entre os dous candidatos a presidir a Deputación de Lugo

Publicado o 20/06/2019 17:35

Ferraz decide hoxe entre os dous candidatos socialistas que compiten por presidir a Deputación de Lugo.

Darío Campos cre que a crise aberta tras a batalla impulsada polo alcalde de Monforte para apartalo do cargo pode pasarlle factura ao PSdeG nas vindeiras eleccións.

Darío Campos sairá hoxe de dúbidas. A comisión de listas do PSOE decidirá se lle permite optar a seguir catro anos máis como presidente da Deputación de Lugo ou se, como todo parece indicar, aposta polo monfortino José Tomé. Campos critica as formas, pide respeto e cre que se abriron feridas que poden perxudicar electoralmente ao Partido Socialista.

Campos recibiu o apoio de Álvaro Santos, que dimitiu da secretaría provincial entre duras críticas a dirección do PsdeG. Se se confirma a designación de Tomé queda por ver en que situación quedan a alcaldesa de Lugo Lara Méndez e os seus concelleiros, xa que ningún deles forma parte do seu equipo para gobernar a Deputación.

Noticias web

20/06/2019