CRTVG

Buscar

Fernando Vázquez: "Ocorreron cousas moi graves que sabe o club e a propiedade"

Publicado o 15/01/2021 14:29

• O ex-técnico do Deportivo afirma que os maiores obstáculos que atopou estaban no interior do club

Fernando Vázquez deixou o Deportivo con estas acusacións pero sen dar nomes: “Hai algo no corazón que me doe un pouco e é triste dicilo. Quizais o maior obstáculo que me atopei, nos últimos momentos da tempada pasada e desta, a maior resistencia que me atopei para levar isto adiante non estaba no exterior, non estaba fóra. Estaba dentro do club. Isto que digo é normal, cando hai un cesamento é porque hai dificultades entre o adestrador e o Consello. Ocorreron cousas que desde o meu punto de vista son súper graves, que sabe o club e sabe a propiedade. Espero, polo ben do Deportivo, que tanto o presidente como ABANCA, teñan a valentía de tomar as decisións adecuadas para que a unidade pola que sempre pelexei volva, e iso permítanos conseguir os obxectivos que todos aspiramos”.

Noticias web

15/01/2021