Fernando Vázquez di sobre o penalti que hai que "ser humilde e mirar o VAR"
Publicado o 01/07/2020 15:11
O adestrador do R. C. Deportivo, Fernando Vázquez, asegurou que "non hai nada irregular" na acción do seu defensor na que o árbitro pitou penalti, e sobre esa decisión sinalou "hai que ter humildade para ir ver a xogada ao VAR".
Na conferencia de prensa telemática posterior ao empate do seu equipo no Heliodoro Rodríguez López fronte ao C. D. Tenerife (1-1), o técnico deportivista dixo que na acción da polémica Mujaid "salta limpamente e gaña a pelota con solvencia". "É unha acción defensiva clara, non hai nada irregular", reiterou.
Fernando Vázquez dixo que "o VAR é unha arma marabillosa", pero insistiu en que "hai que ter humildade" para ver repetidas as xogadas.
Máis sobre A Coruña
22/01/2021 20:46
22/01/2021 20:24