CRTVG

Buscar

Fernando Vázquez, de adestrador, e Alvite, de capitán, coincidiron no Lugo hai 25 anos

Publicado o 27/02/2020 11:34

Agora Vázquez adestra ao Deportivo e Alvite é o delegado do Lugo

Hai vinte e cinco anos, Fernando Vázquez chegaba ao Anxo Carro para facerse cargo do Lugo.

O capitán daquel equipo era Xosé Antonio Alvite, actual delegado do club: "Era un adestrador que lle gustaba levar o control do xogo, quería ter a posesión do balón, penso que había equipo para iso".

Alvite destaca os métodos aplicados por Vázquez naquela etapa, que lle permitiron ao Lugo rematar na undécima posición: "Era un adestrador peculiar, coas súas manías, xa traballaba o aspecto sicolóxico, moi próximo".

O delegado lucense atoparase co seu ex-adestrador nun partido decisivo para os dous equipos: "Prevexo un partido igualado que se pode decidir por pequenos detalles e onde o que cometa menos erros vai sacar o partido adiante".

Do que está seguro Alvite é da carreira de Vázquez se o Deportivo consegue marcar: "Igual non sae correndo cara ao noso banco e o fai cara ao outro lado, pero imaxino que o fará".

Vinte e cinco anos despois, Alvite e Vázquez volverán atoparse nun terreo de xogo, aínda que esta vez en distinto bando.

Noticias web

27/02/2020