CRTVG

Buscar

Fernando Simón: "Agora hai que demostrar a responsabilidade individual"

Publicado o 27/04/2020 15:01

O director do Centro de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, apelou hoxe á responsabilidade individual e familiar para que as saídas á rúa dos nenos, autorizadas desde onte, sexan seguras e non poñan en risco o avanzado ata o de agora.

O responsable sanitario, que se amosou "encantado" de poder ver os cativos cos seus pais polas rúas, dixo tamén que "é certo que nalgúns casos se puido xerar algunha preocupación por certos comportamentos dalgúns grupos".

Por iso, dixo Simón, é agora cando hai que "demostrar a responsabilidade persoal e familiar para que a apertura progresiva non sexa un risco para a poboación". Un paso atrás, engadiu, "pode ser moito máis duro do que vivimos ata agora".

"Agora ven o difícil"

Os datos deste luns amosan, para os expertos, unha clara tendencia positiva, a pesar do lixeiro aumento na cifra de falecidos con respecto ao domingo.

"A evolución de falecidos ten unha incidencia clara coa evolución de casos, que é claramente descendente", asegura Fernando Simón.

Xunto aos de falecidos, os peores numeros da xornada corresponde aos sanitarios contaxiados. Un total de 37.994. No outro lado da balanza, España confírmase como un dos países con maior número de curados.

Conseguir o control da epidemais foi duro, pero, segundo Fernando Simón, o difícil vén agora.

"Estes dias faciamos o duro, pero fácil, di Simón. Agora é cando cada un ten que demostrar a responsabilidade individual e familiar".

Referíase aos incumprimentos detectados na primeira xornada de saída dos nenos. E avisa, se non se cumpren as normas, a fase de transición chegará máis tarde e será máis lenta.


Noticias web

27/04/2020