CRTVG

Buscar

Ferido un ciclista atropelado por un coche no concello de Boqueixón

Publicado o 02/05/2020 18:25
Ferido un ciclista atropelado por un coche no concello de Boqueixón

Un ciclista resultou ferido esta mañá arredor das 11:30 horas no concello coruñés de Boqueixón. Segundo o 112 Galicia, foi atropelado por un turismo cando se atopaba na zona do Pico Sacro, na parroquia de Lestedo. 

O ciclista precisou asistencia sanitaria logo de ser atropelado. Ao lugar acudiron unha ambulancia do 061 e axentes da Garda Civil de Tráfico. 

Noticias web

02/05/2020