CRTVG

Buscar

Ferido tras caer co seu coche por un desnivel en Tomiño

Publicado o 22/01/2020 17:37
Ferido tras caer co seu coche por un desnivel en Tomiño

Os veciños axudan un condutor que caeu co seu vehículo por un desnivel no Bouzón, en Tomiño. Segundo indicaron ao persoal do 112 Galicia, romperon un cristal para sacar o ferido do vehículo envorcado.

O accidente produciuse arredor das dez desta mañá á altura dun domicilio situado no número 32 do lugar do Bouzón. Alí acudiron os veciños para socorrer ao ocupante do coche que se saíu da vía e quedou envorcado nun desnivel. Tal e como explicaron, romperon un cristal para permitirlle ao condutor abandonar o vehículo e recibir asistencia médica. Por iso, aínda que os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos bombeiros do Baixo Miño, os efectivos de salvamento descartaron empregar o equipo de excarceración porque a persoa estaba xa liberada e accesible. Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 evacuaron o ferido ao centro hospitalario de referencia.