CRTVG

Buscar

Ferido o condutor dun camión que caeu por un desnivel na A-52, nas Estivadas

Publicado o 23/09/2020 21:32

Ferido o condutor un vehículo artículado que saíu da vía na A-52 e caeu por desnivel. Aconteceu na baixada das Estivas, no concello ourensán de Trasmiras. O camioneiro quedou atrapado na cabina e tivo que ser rescatado polos servizos de emerxencia. Foi trasladado a un centro hospitalario en helicóptero en principio as súa feridas non revisten gravidade, a pesar a aparatosidade do accidente. Ten 38 anos e é veciño de vilardevós. O vehículo permanece na zona, xa que non interrompe o tráfico ao estar a uns 70 metros da autovía. Está previsto que se retire ao longo da xornada de mañá.

Noticias web

23/09/2020