CRTVG

Buscar

Ferido grave tras defender unha rapaza que estaba sendo agredida por varios mozos

Publicado o 02/01/2019 18:44
Ferido grave tras defender unha rapaza que estaba sendo agredida por varios mozos

Un mozo quedou ferigo grave tras intentar defender unha muller que estaba sendo agredida por varios homes nunha lea multitudinaria que se iniciou onte pola mañá na rúa Inés Pérez de Ceta, en Vigo. Recibiu puñadas e patadas, causándolle lesións na cara, nas pernas e unha posible fractura no pulso do brazo dereito. Os axentes da Policía Local de Vigo puideron ver como o agrediron tres rapaces, unha muller e dous homes.  

Noticias web

02/01/2019