CRTVG

Buscar

Ferida unha adolescente ao ser atropelada cando cruzaba un paso de peóns en Baiona

Publicado o 13/05/2020 21:42

En Baiona un coche atropelou esta tarde unha adolescente que cruzaba por un paso de peóns. O sinistro ocorreu pouco antes das 6 na rúa Santa Marta. O condutor parou no momento para auxiliala e foi identificado pola policía. Deu negativo no control de alcoholemia. Á moza trasladárona a un hospital de Vigo. Pero a súa vida non corre perigo.

Noticias web

13/05/2020