CRTVG

Buscar

Ferida grave unha moza tras caer dun terceiro andar en Lalín

Publicado o 22/08/2020 22:05

Unha moza de Lalín quedou ferida de gravidade tras caer desde a ventá do terceiro andar dun edificio. Segundo se soubo, a rapaza estaba soa na sala da vivenda mentres outros familiares permanecían noutras dependencias.

No lugar do accidente apareceron varias sabas anoadas, o que fai pensar aos servizos de emerxencias que se trata dunha caída fortuíta cando a menor, de 16 anos, trataba de descender por elas. A ventá pola que caeu ten unha altura duns oito metros. 

 

 

 

 

 

Noticias web

22/08/2020