CRTVG

Buscar

Ferida de gravidade unha moza en Málaga tras caer a unha sima cando intentaba facer unha foto

Publicado o 23/09/2020 19:05

En Málaga, tamén quedou ferida de gravidade a moza de 18 anos que caeu a unha sima cando se preparaba para facer unha foto.  

Este era o momento en que os bombeiros a rescataban do goio de sete metros de profundidade situado no monte da Tartaruga. Ata aquí subira cun grupo de estudantes para cumprir cunha tradición local e chamar a deusa Fortuna con vistas ao vindeiro curso. Cando ían inmortalizar o momento, esvarou e caeu de costas ao pozo. A vítima permanece hospitaliza con politraumatismos.

Noticias web

23/09/2020