CRTVG

Buscar

Feijóo: "Xunta, empresarios e sindicatos temos un discurso único en industria e transición enerxética"

Publicado o 12/12/2019 16:08

Entre as primeiras medidas que quere poñer en marcha a Xunta está un plan de recualificación profesional para desempregados de longa duración maiores de 45 anos. Nos os 11 acordos do diálogo social tamén hai axudas de ata 7.500 euros para icentivar a contratación nas pequenas e medianas empresas ou para compensar salarios en caso de ERE. Alberto Núñez Feijóo destaca o consenso acadado en dous asuntos.

"As organizacións sindicais, as empresariais e a Xunta temos un discurso común e único en materia de industria 4.0 e de transición enerxética. Sabemos que queremos facer e como facelo e imos defendelo conxuntamente".

O obxectivo da Xunta, di o presidente, é que no primeiro semestre do 2020 estean en marcha as medidas do acordadas con sindicatos e empresarios.

Noticias web

12/12/2019