CRTVG

Buscar

Feijóo, sobre o rexistro de viaxeiros: "É un servizo para que a xente veña a Galicia, non para arredala"

Publicado o 28/07/2020 14:40

Defende Alberto Núñez Feijóo que o rexistro de viaxeiros é un sistema axeitado e que mesmo poderían valorar aplicar outros países e comunidades.

"Non lle prohibimos a ninguén que veña a Galicia, se non que lle poñemos o noso servizo sanitario á súa disposición. É un servizo para que a xente veña a Galicia, non para arredala", afirmou.

O presidente da Xunta en funcións tamén cualificou de mala noticia a corentena decretada polo Reino Unido.

Feijóo xa falou co embaixador británico sobre esta decisión. "O embaixador trasladoume que sentía esa decisión porque Galicia é un dos lugares máis seguros. Creo que é unha decisión precipitada, que afecta ao turismo español en moitos casos dunha forma moi dura e inxusta", declarou.

Noticias web

28/07/2020