CRTVG

Buscar

Feijóo, sobre a saída dos nenos: "Mellor un paseo puntual que ir ao supermercado"

Publicado o 21/04/2020 17:00
Feijóo, sobre a saída dos nenos: "Mellor un paseo puntual que ir ao supermercado"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, instou ao Goberno a reconsiderar a súa decisión de limitar as saídas dos nenos á rúa para acompañar a un adulto nas actividades permitidas polo decreto de estado de alarma como ir ao supermercado, á farmacia ou ao banco.

Feijóo expresou nun chío: "Manifesteime a favor de que os nenos poidan saír de casa de forma ocasional, limitada, controlada e segura". Nesa mesma mensaxe incide en que non considera que a fórmula escollida polo Executivo estatal sexa "a que ofrece máis garantías". Por iso considera "mellor un paseo puntual pola rúa que ir a un supermercado". E conclúe: "Aínda hai tempo para que o Goberno o reconsidere".

 

Nunha conferencia de prensa, o máximo mandatario autonómico chamou tamén a reflexionar sobre o confinamento dos adolescentes de entre 14 e 17 anos ao considerar que "pode ser a única parte da poboación que quede confinada 'sine die', polo menos até o 10 de maio.