CRTVG

Buscar

Feijóo rexeita a moción de censura de Vox, que "beneficia o Goberno"

Publicado o 19/10/2020 15:38

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou o seu rexeitamento á moción de censura de Vox, da que manifestou que "beneficia" o Executivo e "prexudica a alternativa de goberno".

"Dáme a sensación que lle vén moi ben ao Goberno e moi mal á unidade da alternativa que é a oposición", sentenciou a preguntas dos xornalistas tras visitar a sede da ONG Ecos do Sur. 

Preguntado por cal cre que debe ser o sentido do voto do PP, expuxo que descoñece "o que vai decidir" o seu partido finalmente. "Entendo que o que estamos a facer é valorando cal é a situación", dixo.

Con todo, recalcou que esta é unha moción de censura dun partido político "que non pactou con ninguén".

"Esta non é a nosa moción de censura, parece deseñada polo Goberno para gañala facilmente", sostivo Feijóo.

Así, sentenciou que se o que se quere é unha alternativa ao Goberno "o lóxico non son mocións unilaterais para que saia máis fortalecido", engadiu.

Por outra banda, incidiu en que se se pretende falar "en serio" de alternativas ao Gobenro de PSOE e Podemos espera que haxa "ideas máis brillantes".

 

 

Noticias web

19/10/2020