CRTVG

Buscar

Feijóo reúne os expertos económicos para estudar o plan de reactivación económica

Publicado o 04/06/2020 16:21

A recuperación económica tras a crise do coronavirus centra a axenda do presidente da Xunta.

Alberto Núñez Feijóo reuniu na Cidade da Cultura o comité de expertos económicos para estudar o cuarto informe que elaboraron con propostas.

A Xunta prevé incorporar varias delas ao plan de recuperación que debate mañá o Consello do Goberno galego e que inclúe medidas para os sectores máis castigados, como a hostalería, a automoción ou o pequeno comercio.

 

 

 

Noticias web

04/06/2020